Wednesday 08 de May de 2024

O PSOE de Ordes insta ao Concello a habilitar lugares na entrada dos edificios municipais onde a veciñanza poida deixar as mascotas


O PSOE de Ordes instará ao Concello de Ordes a habilitar un lugar na entrada de cada edificio ou dependencia municipal cun soporte axeitado onte os veciños e veciñas poidan deixar as súas mascotas mentres realizan calquera tipo de trámite ou consulta. “A nosa intención é que o Concello coloque un soporte axeitado onde os veciños e veciñas poidan deixar atado con seguridade o seu can mentres realizan a súa xestións tanto no Concello como noutros departamentos como a Casa da Cultura, Biblioteca, Policía Municipal, centro de saúde, colexios…. ”, indica Alejandro Manteiga, voceiro municipal do PSdeG-PSOE de Ordes.

Manteiga explica que “polo xeral, a xente deixa os cans atados nunha varanda ou en sitios pouco seguros para a mascota, polo que entendemos que a nosa proposta é unha forma moi sinxela e económica de facilitarlle as cousas á veciñanza e evitar problemas de perda do animal”. A medida beneficiará principalmente aos veciños con mascotas, que poderán saír cos seus animais e realizar calquera xestión necesaria no Concello con total seguridade; e para aquelas persoas ás que non lles gusten os animais, quédalles a tranquilidade de saber que o can esta ben atado e fóra do inmoble.